martes, 23 de abril de 2024

BARCO DRAGÓN - XOGADE

O pasado luns 22 de Abril o alumnado de 6º de  Primaria desprazouse ata Verducido, preto de Pontevedra,  para participar nunha actividade de piragüismo do Xogade. Alí puideron por en práctica o aprendido nas clases de Ed. Física e disfrutaron da navegación no barco dragón e do traballo en equipo. Pinchando na foto inferior podedes ver unha reportaxe desta actividade superdivertida.



miércoles, 17 de abril de 2024

VOLEI- XOGADE

 O alumnado de 6º de primaria desprazouse o pasado 3 de Abril ata as instalacións do recinto ferial do IFEVI, en Vigo, para participar nuha competición intercentros de voleibol. Os nosos rapaces e rapazas puideron por en práctica o aprendido nas clases de Ed. Física e disfrutaron desta actividade lúdico-competitiva. A continuación podedes ver unha pequena reportaxe fotográfica da mesma.



viernes, 8 de marzo de 2024

ATLETISMO EN PISTA-XOGADE

 O alumnado de 4º de Primaria ao completo desprazouse o pasado martes 5 de Marzo ata as pistas do CGTD de Pontevedra para participar nuha competición de atletismo xunto a outros centros da comarca. Todos e todas puideron poñer en práctica o aprendido nas clases de Ed. Física e puideron experimentar a sensación de competir nunha das millores pistas de atletismo de Galicia. Premendo na foto podedes ver unha pequena galería deste evento.



martes, 5 de marzo de 2024

MARCHA E ALMORZOS SAUDABLES

 O pasado 28 de Febreiro o alumnado de 6º de Primaria desprazouse ata a praia da Lanzada invitado polo Obradoiro de Hostelería para degustar almorzos saudables. E como todo tiña que ser saudable nesta xornada que millor forma de desprazarse ata o lugar que facendo unha boa camiñata. Os 7 kms. totais percorridos entre ida e volta non fixeron mella nos rapaces, tampouco nos profes, xa que están ben acostumados a facer deporte. Aquí tedes unhas fotos da actividade.





viernes, 23 de febrero de 2024

BALONMAN-XOGADE

 O pasado mércores 21 de Febreiro, o alumnado de 4º de Primaria desprazouse ata o pavillón Monte da Vila, aquí en O Grove; para participar nunha xornada de competición de balonmán con outros colexios da comarca. En dúas sesións anteriores que tiveron lugar no centro nos meses previos, persoal do equipo de balonmán da nosa localidade formou un pouco máis aos nosos neste interesante deporte de equipo. Desta maneira nesta xornada puideron poñer en práctica o aprendido nesas dúas sesións e nas clases de Ed. Física. Na foto que figura a continuación podedes var ao alumnado de 4º de Primaria despois de disfrutar desta actividade.



viernes, 16 de febrero de 2024

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS do XOGADE

 O pasado 1 de Febreiro tivo lugar en Portas o campionato provincial de cros para centros educativos. A el acudiron as clases campionas de cada comarca. Como representación do noso centro tivemos ao  grupo de 2º de Primaria como campións na comarca do Salnés. A nivel individual destacar o segundo posto de Beatriz, entrando a súa compañeira Mara moi preto tamén nos postos de privilexio. O resto de compañeiros tamén brillou nesta competición , se ben o máis importante é que todos e todas disfrutaton desta actividade deportiva. Parabéns para tod@s. Premendo na imaxe de máis abaixo podedes ver unha pequena reportaxe fotográfica.






martes, 5 de diciembre de 2023

CARREIRA SOLIDARIA NO NOSO COLE

 Como xa é tradicional, neste curso coincidindo co día da infancia quixemos aportar o noso graiño de area a unha causa solidaria. O evento consistiu nunh carreira  na que participou a totalidade do alumnado do centro xunto co profesorado cun carácter non competitivo. A mesma tivo nas familias aos patrocinadores, facendo aportacións voluntarias de cartos para a ong "Save the children" coa que o centro leva uns anos colaborando. Grazas a elas recaudáronse nin máis nin menos que 690, 9 euros. Grazas a todos e todas polas vosas aportacións. Máis abaixo podedes ver un vídeo do evento. Esperamos que vos guste!.